Augas arriba da presa de Diama, o funcionamento das brañas, lagos e estanques inundados regularmente, como o Djoudj, o Lago Guiers (Senegal) e o Lago Diawling (Mauritania), viuse gravemente prexudicado. Despois de 1986, a presa de Diama bloqueou a intrusión de auga de mar. Actualmente a auga da presa é doce todo o ano, creando as condicións ecolóxicas favorables para a proliferación de plantas de auga doce. Estas especies son moi invasoras o que leva consigo un proceso de eutrofización nalgúns lugares do val e o delta. Augas abaixo da presa de Diama, os trastornos no funcionamento dos ecosistemas tradúcense por un
Outros problemas proveñen da competencia cada vez maior entre as terras agrícolas e a explotación madeireira. Obsérvase un aumento da erosión a medida que as terras de escaso valor produtivo situadas en pendentes elevadas e as marxes do río se van esgotando. Ademais, extensas superficies da conca quedan nuas debido ao sobrepastoreo.
http://www.unesco.org/water/wwap/case_studies/senegal_river/index_es.shtml
Segundo informa a AFVS, Asociación Francesa de Familias Vítimas de Saturnismo, nos últimos dous anos, máis de 30 nenos morreron debido ao envelenamento por chumbo que se rexistrou en Thiaroye sur Mer, un pobo preto de Dakar en Senegal. A razón: unha actividade de reciclaxe de baterías de chumbo, que contamina o aire e o chan dos arredores.
(...)
Dende a primeira advertencia da OMS, 51 nenos con deficiencias foron hospitalizados, pero en conxunto, 950 persoas (adultos e nenos, ou traballadores) seguen en risco.
http://plomono.blogspot.com/2010/05/senegal-fundicion-de-baterias-provoca.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario