A partir do Foro Mundial sobre a Educación que se levou a cabo en Dakar en abril de 2000 tomouse conciencia do feito de que un maior acceso á educación, cando non vai acompañado dunha instrución de calidade, conduce a un "calexón sen saída", especialmente en Senegal, onde a calidade de aprendizaxe e a adquisición de valores e de capacidades están lonxe de responder ás necesidades e ás aspiracións da sociedade.
As cifras estatísticas respecto aos niveis educativos son confusas e ás veces contraditorias en moitas fontes de consulta, pero evidencia a baixa taxa de escolaridade e alfabetización. Preto de 7,3 millóns de habitantes de Senegal son nenos menores de 17 anos, o cal fai de Senegal un país novo e con potencial para aproveitar esta situación en moitas áreas se se fomentase a inclusión educativa con materiais educativos e recursos que axuden a este fin.
http://www.afriball.org/blog/senegal-entorno-afriball/
No hay comentarios:
Publicar un comentario