sábado, 22 de octubre de 2011

Flora e fauna

Flora;

Pódense distinguir diferentes tipos de flora:

Ao norte predomina a vexetación arbustiva, coma o estepario, por exemplo. E en canto a árbores pódense ver sobre todo cocoteiros e palmeiras.

Ao sur, a vexetación é de tipo subtropical, é dicir, comeza a difernciarse uns frondosos bosques nos que predomina unha vexetación exuberante, e árbores coma a caoba, a teca, o bambú, diferentes clases de palmeiras, acacias é o baobab; unha árbore que pode chegar a medir 20 m de altura e o seu tronco alcanza un diámetro de 9m. Trátase dunha árbore con gran capacidade para reter a auga, e cando florecen dan unhas flores de cor branca que desprenden un agradable olor que se extende por toda a sabana; ademais teñen propiedades curativas e os frutos dos baobab son consumidos polos habitantes da rexión.






Fauna;

A fauna do país supera as 450 especies diferentes de animais, entre eles destacan: elefante, león, búfalo, panteira, monos, antílopes, hipopótamos e crocodilos.

Nas rexións do norte abundan aves.

Nas zonas desérticas predominan os buitres e as aves migratorias. E as dunas ofrecen escondites a epecies velenosas como a serpe e o escorpión. Mentres que nos oasis se refrescan cabras e dromedarios.

Os insectos aparecen ao caer o sol, entre eles hai que mencionar: libélulas, mosquitos, mariposas e formigas.

Nas zonas de auga, habitan numerosas aves coma o tucán ou o cordón azul.

E nos ríos de Senegal tamén son o paraíso de crocodilos e outros animales terrestres.

Nas grandes extensións rebosantes de palmeiras, son o dominio de gacelas, hipopótamos, hienas, lebres...



Fontes: Senegal

Canal social

El País



No hay comentarios:

Publicar un comentario