lunes, 7 de noviembre de 2011

Alimentación

A dieta está baseada nos cereais (arroz, paínzo, sorgo), as hortalizas e o peixe. A estes alimentos básicos súmanselle o mani e o caupí, mais os cereais representan dous terzos do suministro de enerxía. O consumo de arroz aumentou moito baixo os efectos da urbanización crecente engadido a un longo pasado de importación, provocando unha diminución no consumo de paínzo e sorgo.

A proporción das proteínas ó suministro de enerxía alimentaría segue baixa; en cambio a proporción dos lípidos vai crecendo, iso é o que reflicte a actual transición nutricional.

As dificultades do sector agrícola, sumadas á pobreza, son as causas principais da inseguridade alimentaria dos fogares. Un cuarto da poboación padece subnutrición, proporción que se mantivo estable na última década.

O acceso á auga potable tamén progresou moito, aínda que o sistema de saneamento segue sendo problemático.

Se ben a lactancia materna é unha práctica corrente, a iniciación temperá continúa sendo pouco frecuente. A pesar de apreciarse progresos significativos, soamente un terzo dos nenos menores de seis meses son alimentados exclusivamente con lactancia. Á súa vez, é necesaria unha mellora nas prácticas de alimentación complementaria.
Os progresos realizados na lactancia materna exclusiva, o acceso á auga potable e a cobertura de inmunización poden explicar a baixa no atraso do crecemento dos nenos pequenos, o cal en 2005 era dun 20% -cun 9% de emaciación- para os nenos menores de 5 anos.

Aproximadamente unha de cada cinco mulleres adultas sofren un deficiencia enerxética crónica.
Ao mesmo tempo, o país coñece unha transición nutricional, marcada polo xurdimento do sobrepeso e a obesidade, sobre todo entre as mulleres que viven en zonas urbanas.

Unha enquisa nacional recente indica que, nas mulleres, a carencia de vitamina A non é un problema de saúde pública. A anemia, pola contra, constitúe un problema de saúde pública grave, alcanzando máis do 80% dos nenos pequenos e case o 60% das mulleres.

Senegal dispón actualmente de oportunidades para mellorar a calidade nutricional da alimentación, a condición de que se implique politicamente na agricultura e a seguridade alimentaría.


http://www.fao.org/ag/agn/nutrition/sen_es.stm

No hay comentarios:

Publicar un comentario