lunes, 7 de noviembre de 2011

Saúde

ENFERMIDADES TRANSMITIDAS POR INSECTOS OU ANIMAIS:

A malaria está presente en todo o país, sobre todo nas zonas húmidas e nas cidades sendo unha das principais causas de morte en Senegal.

A febre amarela é endémica no país, ao igual que a rabia, e aparece tamén o chamado Chikungunya, unha enfermidade que provén dos mosquitos con síntoma como a febre, dores de cabeza, dor de articulacións e muscular, náuseas...

Hai tamén risco de febre Lassa en Senegal, unha febre hemorráxica cuxo hóspede é o roedor. Os síntomas inclúen febre, dores de cabeza, dor de garganta, tose, nauseas, vómitos, diarrea e dores musculares.


ENFERMIDADES TRANSMITIDAS POLA COMIDA, A AUGA OU O ÁMBITO:

Poden existir brotes de cólera por mor da auga contaminada, e poliomelite, unha enfermidade infecciosa que se transmite por vía ouro-fecal e pode provocar parálise.


ENFERMIDADES TRANSMITIDAS POLO CONTACTO CON PERSOAS INFECTADAS:

O VIH está presente, afectando ao 1% da poboación adulta, que resulta ser seropostivia, segundo UNAIDS, e tamén a tuberculose.

Hai casos ocasionais de meninxite, entre febreiro e a primavera, concentrados principalmente no leste do país, aínda que tamén foron observados no centro.


http://www.netglobers.es/africa/senegal-principales-riesgos-sanitarios-en-senegal.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario