lunes, 14 de noviembre de 2011

O dereito das mulleres a decidir sobre a súa sexualidade e a súa maternidade

A OMCT está preocupada polo aumento constante do índice de mortalidade materna, pedindo que se leve a cabo unha acción intensa continuada.
As causas do alto índice de mortalidade materno-infantil son por unha parte polo feito de que as mulleres quedan embarazadas a unha idade moi temperá, que os embarazos se suceden a intervalos moi curtos que non deixan suficiente período de descanso e que as mulleres teñen moitos fillos, así como diversas enfermidades.

Os factores culturais tamén inflúen sobre o dereito da muller á planificación familiar e os altos índices de mortalidade materno-infantil en Senegal. O contexto cultural permite o matrimonio precoz e por iso as rapazas teñen relacións sexuais, quedan embarazadas e dan a luz a moi temperá idade. Ademais, o dereito da muller a decidir sobre a súa sexualidade e a súa maternidade está limitado por prácticas e valores culturais tales como a ablación xenital feminina, a poligamia e a virxindade. O uso de métodos anticonceptivos está moi pouco estendido, e para poder usalos a muller a miúdo necesita
o consentimento do marido. Así, inflúen tamén a escaseza de instalacións e persoal sanitario cualificado.

O aborto provocado é ilegal en Senegal. Aínda Que o Código de ética médica permite o aborto terapéutico, o Código Penal non o recoñece. En consecuencia, moitas mulleres practican abortos ilegais, xeralmente en condicións de risco, o cal fai aumentar o índice de mortalidade materna, especialmente entre as adolescentes.

http://www.omct.org/files/2004/07/2409/esp_2001_06_senegal.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario