martes, 8 de noviembre de 2011

O dereito a unha vivenda digna

En Senegal, a muller segue a ser vítima do costume no que respecta á vivenda. A asociación RADDHO, membro da rede da OMCT (Organización Mundial en contra da Tortura), denuncia que á muller divorciada se lle impide quedar na súa casa. Ademais, a poligamia, situación na que viven o 56,3% das senegalesas, non axuda.
Nos fogares en que se practica, cando o marido morre, as mulleres deben abandonar a casa xunto aos seus fillos para poder vendela.

http://www.omct.org/files/2004/07/2409/esp_2001_06_senegal.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario